Queres coleccionar as nosas figuriñas de recordo da XGN INTERMAX 2024? O procedemento é moi fácil, explicámoscho brevemente :)
1 - Entra na intranet e accede desde o apartado de hardware á granxa de impresión 3D, unha vez dentro, terás unha serie de modelos predefinidos que seleccionamos debido ás peticións das anteriores edicións para imprimir.
2 - Selecciona o modelo que queiras, cando o teñas feito, mandarémosche unha notificación cando estea rematado coa hora á que terás que pasar para recollelo.
3 - Unha vez teñas recollido o modelo, podes volver pedir. A que esperas? :D
Hora de apertura da granxa: Venres 1 de Novembro, ás 16:00
Peche da granxa: Domingo 3 de Novembro, ás 12:00
Horario de recollida:
- Venres de 16:00 a 20:00
- Sábado de 15:00 a 20:00
- Domingo de 10:00 a 13:00
Non aceptaremos recollidas fóra do horario.