Setups

Unha competición expresamente feita para todos  os que coidades a vosa mesa do pc coma se fose o voso palacio.  Luciñas de cores, figuras, pops, plantiñas decorativas, mesas a medida... Calquera cousa é válida. A condición de que reine a orde e a perfección. 

  1. Só poderán participar aqueles participantes da XGN INTERMAX 2024.
  2. Cada participante só poderá presentar o seu propio setup e será o do posto da XGN INTERMAX 2024 (as fotos/vídeos a entregar sacaranse en party).
  3. A inscrición realizarase mediante a intranet da XGN INTERMAX 2024.
  4. As cualificacións serán realizadas pola organización.
  5. Entendemos como setup o conxunto de varias partes, como o son: o monitor, os periféricos, decoración, etc. que deberá estar tal e como se utilizaría habitualmente.
  6. Manterase o setup limpo durante toda a party, haberá visitas sorpresa.
  7. As puntuacións obtidas subiranse á web e ao Discord tras a entrega de trofeo.
  8. No caso de que o setup incluíse algún simulador, este valorarase como unha parte do setup, non sería o setup en si.
  9. Para cualificar os setup valoraranse os puntos abaixo indicados e sacarase unha media sobre o total.
  10. As puntuacións irán do -1 ao 10, podendo puntuarse negativamente algún dos aspectos para valorar.
  11. As características para avaliar serán as seguintes:

1. Estética:

Deseño Xeneral: Como se ve o setup no seu conxunto, incluíndo a harmonía de cores, a organización e a disposición dos compoñentes.

Iluminación: Uso de luces RGB, como se integran no setup e o seu impacto visual.

Temática: Se o setup segue un tema específico (por exemplo, futurista, minimalista, gamer... ) e como se mantén coherencia con ese tema.

2. Funcionalidade:

Ergonomía: Comodidade e facilidade de uso, incluíndo a disposición do teclado, rato e monitor, así como a cadeira e o escritorio.

Accesibilidade: Facilidade de acceso a portos USB, botóns e outros elementos necesarios.

Cable Management: Organización e ocultación de cables para manter un aspecto limpo e ordenado.

3. Innovación e Creatividade:

Solucións Creativas: Implementación de ideas únicas ou innovadoras no deseño e organización do setup.

Modificacións Personalizadas: Modificacións feitas a compoñentes estándar para mellorar a súa funcionalidade ou estética.

4. Limpeza e Mantemento:

Estado Xeneral: Limpeza e mantemento do setup, mostrando coidado e atención ao detalle.

5. Personalización e Tematización:

Elementos Personalizados: Inclusión de compoñentes ou accesorios personalizados que engadan un toque único ao setup.

Integración de Elementos Temáticos: Como se integran elementos decorativos ou temáticos co resto do setup.

6. Presentación:

Explicación e Xustificación: Como se presenta o setup aos xuíces, incluíndo a claridade e o entusiasmo na explicación do deseño e as eleccións realizadas.

7. Uso do Espazo:

Optimización do Espazo: Como se utilizou o espazo dispoñible, penalizarase aqueles setup que invadan o posto do compañeiro da beira.

12- Cada participante deberá presentar un mini clip de máximo 30 segundos cun fondo de pantalla oficial da XGN INTERMAX 2024 para comprobar que o setup é seu, acompañado dun máximo de 5 fotos.

13- En caso de dúbidas sobre a aplicación do regulamento será a organización de Hardware quen decidirá sobre a devandita aplicación.

14- Todo incumprimento de calquera das normas significa a descualificación do participante, así como calquera trampa en canto á participación ou á autoría do traballo co que participa, dependendo da gravidade da infracción poderíanse tomar outras medidas.

15- Tódolos participantes deberán aceptar as condicións e regras da competición de Concurso de Setup, para poder participar.

 

Organizadores: Hardtxi y Luken
Zona: Hardware-Modding

twitter facebook