A temática seravos revelada en canto se active a actividade na intranet.
Na fotografía debe haber algún elemento que faga referencia á party dalgunha forma.
Polo demais non hai limitación no tamaño da imaxe, técnica de cor ou profundidade, pero non poderán ser modificadas con ningún tipo de programa de edición fotográfica.
Sube as túas fotografías á Intranet Intranet (máximo 3 por participante) Se presentades máis dun traballo, que sexa NUN CARTAFOL COMPRIMIDO.
Non está permitido o uso de intelixencia artificial. Os traballos que a utilicen serán descualificados.
A esta normativa compleménta a Normativa Xeral.
A participación na competición leva a aceptación das súas normas e das decisións do xurado.
Non esquezades poñer o voso nome ou nick e posto na party, por se tivésemos que poñernos en contacto convosco. As imaxes proxectaranse en pantalla a noite do venres. A Organización resérvase o dereito de non proxectar aquelas producións cuxo contido considere inadecuado.
Fotografía gañadora no XGN 2023
Tema: Arredor do ordenador- Autor: 'Yorokobimc'