Retoque Fotográfico

Entrega dos traballos: Cada participante apuntarase e subirá a súa produción á intranet á categoría á que desexe participar e poderá comprobar tranquilamente que a súa produción se subiu correctamente.

O retoque fotográfico é unha técnica, proceso e resultado de modificar as características dunha imaxe a través dalgún tipo de ferramenta dixital, que permite obter dunha imaxe outra imaxe modificada.

TEMA: “Terror, medo, escalofríos…”

Deixámosvos 3 fotos, e dunha delas, queremos que a foto pase de adorable a terrorífica para unha noite de Halloween, podendo utilizar as outras 2 fotos.

https://www.pexels.com/es-es/foto/nino-jugando-con-una-tableta-en-el-interior-28763352/

https://www.pexels.com/es-es/foto/nubes-amigos-campo-perro-10954785/

https://www.pexels.com/es-es/foto/tres-letreros-de-madera-en-una-fotografia-de-primer-plano-de-arbol-2562560/

Podedes usar calquera imaxe propia ou de stock libre de copyright ou de calquera tipo de dereito.

Podedes retocar as imaxes con calquera tipo de programa de deseño (Photoshop, Illustrator, Freehand, Corel Paint Shop Prol, etc.)

Resolución máxima: 1280x1024
Formatos permitidos: PNG (recomendado) e GIF.

O autor deberá entregar un mínimo de 5 pasos intermedios que representen o proceso do Retoque e as imaxes utilizadas. Os pasos deberán estar numerados da seguinte forma: se a imaxe final se chama GOGO.PNG, os pasos chamaranse GOGO01.PNG, GOGO02.PNG, ..., GOGO10.PNG e GOGO11.PNG en caso de ter 10 pasos. A imaxe GOGO01.PNG será a fotografía orixinal sen ningún tipo de filtro  e GOGO11.PNG o retoque final (o que concursa).

Os pasos previos serán mostrados tanto ao xurado como ao público.

Os pasos entregaranse xunto cun .txt nun ficheiro comprimido (ZIP), cunha breve explicación (máximo 500 caracteres) dos programas técnicas utilizadas.

Só se permitirá unha produción por autor.

Non está permitido o uso de intelixencia artificial. Os traballos que a utilicen serán descualificados.

A esta normativa compleménta a Normativa Xeral.

A participación na competición leva a aceptación das súas normas e das decisións do xurado.

TEMA: Monsterize Me
Retoque gañador no XGN 2022 - Autor: 'Enedthol'

twitter facebook