Ilustración Dixital

Entrega dos traballos: Cada participante apuntarase e subirá a súa produción á intranet á categoría á que desexe participar e poderá comprobar tranquilamente que a súa produción se subiu correctamente.

A ilustración dixital será creada directamente no noso computador, usando software para tal fin (Photoshop, Gimp, photofiltre...) e con axuda de dispositivos como ratos, lapis ópticos e tabletas dixitalizadoras.
Non se permite a de corrección de imaxes a través do computador, tampouco dixitalizar e editar debuxos creados a man, senón de que artista debe crear directamente sobre a pantalla (en ocasións a partir dun BOSQUEXO analóxico) dando como resultado imaxes produto unicamente da suma de miles de trazos independentes que en conxunto formen a ilustración.

A produción pode realizarse durante os últimos anos ou a última hora na propia party, o tempo que cada participante investise no resultado final non será tomado en conta se non que se valorará o resultado final. Para poñer a proba a capacidade de ilustración nun curto espazo de tempo, podedes animarvos a participar na competición Fast 2D.

Resolución máxima: 1280x1024
Formatos permitidos: PNG (recomendado) e GIF.

O autor deberá entregar xunto coa gráfica final (o que concursa), un vídeo do proceso de debuxo ou imaxes dos pasos intermedios (un mínimo de 10) que representen o proceso do debuxo. No caso de pasos intermedios, deberán estar numerados da seguinte forma: Se o gráfico final se chama GOGO.PNG, os pasos chamaranse GOGO01.PNG, GOGO02.PNG,..., GOGO10.PNG e GOGO11.PNG en caso de ter 10 pasos. O gráfico GOGO01.PNG será o máis antigo, o menos traballado, e GOGO11.PNG o gráfico final (o que concursa).

En caso de non dispoñer dos pasos deberase entregar un arquivo coas capas.

Os pasos entregaranse xunto cun .txt nun ficheiro comprimido (ZIP), cunha breve explicación (máximo 500 caracteres) dos programas técnicas utilizadas.

Os pasos previos serán mostrados tanto ao xurado como ao público.

Só se permitirá unha produción por autor.

Non está permitido o uso de intelixencia artificial. Os traballos que a utilicen serán descualificados.

A esta normativa compleménta a Normativa Xeral.

A participación na competición leva a aceptación das súas normas e das decisións do xurado.

Ilustración Dixital "Shadowheart" gañadora no XGN 2023 - Autor 'Isa'

twitter facebook