Gráficos 3D

Entrega dos traballos: Cada participante apuntarase e subirá a súa produción á intranet á categoría á que desexe participar e poderá comprobar tranquilamente que a súa produción se subiu correctamente.

O gráfico será modelado integramente no noso computador, sen material nin modelos externos, usando software para tal fin (Blender, ZBrush, K - 3D, Art Of Illusion...) e con axuda de dispositivos como ratos, lapis ópticos e tabletas dixitalizadoras.

A produción pode realizarse durante os últimos anos ou a última hora na propia party, o tempo que cada participante investise no resultado final non será tomado en conta se non que se valorará o resultado final. Para poñer a proba a capacidade de modelado nun curto espazo de tempo, podedes animarvos a participar na competición Fast 3D.

Resolución máxima: 1280x1024.
Formatos permitidos: PNG

O autor deberá entregar as fontes da escena (.3DS, .MAX, etc.), un render da escena en malla/arame (wire) resultado da rederización (sen postproducción) Resultado final (con postproducción). Pódense enviar máis ficheiros, pero os mencionados deben estar claramente identificados para a súa correcta avaliación polo xurado.

Os tres ficheiros serán mostrados tanto ao xurado como ao público.

Os pasos entregaranse xunto cun .txt nun ficheiro comprimido (ZIP), cunha breve explicación (máximo tres liñas) dos programas técnicas utilizadas.

Só se permitirá unha produción por autor.

Non está permitido o uso de intelixencia artificial. Os traballos que a utilicen serán descualificados.

A esta normativa compleménta a Normativa Xeral.

A participación na competición leva a aceptación das súas normas e das decisións do xurado.

Gráfico 3D "Heptapod" gañador no XGN 2023 - Autor 'DYVAD'

twitter facebook